Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 29 de decembro

12.15 h
No Salón de Plenos, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación provisional da modificación do plan xeral de ordenación municipal na rúa da Estrada esquina con travesía da Estrada.
3. Aprobación inicial da ordenanza reguladora da publicidade e rotulación en Santiago de Compostela.
4. Proposición do grupo municipal do Partido Popular para a creación dunha comisión de estudo de accesibilidade.
5. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre as medidas a adoptar para paliar o descenso da actividade turística en Compostela.
6. Proposición do grupo municipal do BNG para instar ao Ministerio de Fomento a abaratar as tarifas do AVANT.
7. Dar conta de aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal 3.10 por falta de reclamacións.
8. Dar conta de informe de reclamacións e suxestións do ano 2010.
9. Dar conta das sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía en materia de delegacións.
11. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
12. Comparencia a pedimento do grupo municipal do BNG, da concelleira delegada de mercados, Dna. Reyes Leis.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00h.
Todo Lírica
No Teatro Principal, concerto 'París: opereta, chansson e belcanto' con Ainhoa Zuazua, soprano; Marifé Nogales, mezzossoprano; e Rubén Fernández Aguirre, pianista, dentro do ciclo Todo Lírica 2011.

Compartir: