Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 22 de decembro

11.15 h
No Salón Nobre, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asina un convenio de colaboración co xefe provincial de tráfico, Pedro Pastor. Asiste o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar a nova edición do programa "Noites Abertas".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h
CSCXM O ENSANCHE Encontro de Nadal de Xadrez Senior. Necesaria inscrición

18.30 h
CSC VITE Contacontos nenos/as
19.00 h
No Ensanche, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita xunto co concelleiro de Centros Sociculturais, Francisco Noya, o centro sociocultural do Ensanche, onde se están a desenvolver diferentes actividades.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, 'O Mesías de Haendel', concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbá, con Elena de la Merced, soprano; Carlos Mena, alto; Benjamin Hulett, tenor; Josep Miguel Ramón, barítono e o Rias Kammerchor.

21.00 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta 'O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca' de Álvaro Cunqueiro. Con Fernando Dacosta, Tito Asorey, Nate Borrajo, Josito Porto, Sabela Gago, Elena Seijo, Fina Calleja e Suso Díaz. Dirección de Anxeles Cuña Bóveda.

Compartir: