Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 20 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela), presentación do libro "Cerimonial, festa e liturxia na Catedral de Santiago", editado con motivo da exposición do mesmo nome e enmarcada nos actos do oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago. Asisten: Xerardo Conde Roa, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago; José María Díaz Fernández, deán da Catedral de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Tráfico, Albino Vázquez; Benestar Social, Paula Prado, e Medio Ambiente e Obras, María Castelao, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, para presentar a nova aplicación para móbiles da cidade.

18.00 h
No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Contacontos para nenos/as
20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside o acto de entrega do galardón da XVII edición do Premio Antón Fraguas de investigación sobre o traxe galego.

20.30 h
No Casino de Santiago, concerto de clausura do curso de Música de Cámara que impartiu na Escola Municipal de Música a violinista da Real Filharmonía de Galicia, Irina Gruia. No concerto van participar o alumnado do curso: Manuel Fernández García, Noa Ferreira Domínguez, Lara Guerra Gontán, Laura Limés García, Ana Moure Rosende, Antía Rey Martínez, Tariku Novalles, Daniel López Giménez, Julián Sende Mariño e Marcos Rodríguez Varela, e a súa profesora.

Compartir: