Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 16 de decembro

9.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á charla-coloquio, "Claves da competitividade da economía galega", a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

11.00 h
Na rúa dos Castiñeiros, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, visita o albergue de Xoán XXIII.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes e Xuventude, Adrián Varela, para presentar o Torneo de Nadal "Todo é deporte: igualdade de xénero e non violencia" organizado pola Sociedade Deportiva A Gaiola.

18.00 h
No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, Cine El viaje a chihiro.

18.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de encendido das luces de Nadal.

19.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao Festival de Nadal da Escola Municipal de Música.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste representa 'Ultimo Cowboy' de Eduardo Alonso

Compartir: