Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 15 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, xunto coa concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, visita a rúa de Santo Domingo de la Calzada (costa das camelias).

12.15 h
Na praza das Praterías, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita a Casa do Cabido logo das obras de rehabilitación levadas a cabo polo Consorcio de Santiago.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, saúda os nenos que forman o xurado do concurso do Cartel de Nadal 2011.

18.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, obradoiro de caligrafías esquecidas Club de lectura
19.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao desfile solidario Xuntos Podemos, organizado pola asociación Vagalume.

20.00 h
No Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración da exposición fotográfica "Compostela, un ano de Voz".

20.00 h
Na Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), entrega da XII edición dos Premios Manuel Beiras. Asisten: Jesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio de Santiago; Ángel Currás, concelleiro de Cultura, Educación e Normalización Lingüística; Evaristo Rodríguez, vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago e presidente do xurado.

21.00 h
No Teatro Principal El Óbolo Producciones presenta 'Torvaldo Furioso' de Lucía Vilanova dentro de Teatro en Xira 2011.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Juanjo Mena con Pablo Sáinz Villegas, guitarra.

Compartir: