Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 8 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, para presentar o Plan de Formación Continua para a Mellora da Competitividade do Tecido Económico Compostelán.

12.30 h
Nas Cancelas, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e os directivos de Realia, Carrefour e Property fan un percorrido polas instalacións do centro comercial. As 13.00 h, farán declaracións aos medios. Punto de encontro: entrada da obra.

13.00 h
Na Consellería de Medio Ambiente, a concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, mantén unha reunión coa directora xeral de Infraestruturas da Consellería, Ethel Vázquez.

19.00 h
No aalón de actos da sede do Grupo Correo Gallego, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participa no acto de entrega de premios e agasallos aos centros escolares.

20.00 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, Proxección Cortocircuito Panorama Galicia. Concellaría de Cultura

20.30 h
No LSC das Cancelas, proxección de Panorama Galicia dentro de +Curtocircuíto.

21.00 h
No Local Social das Cancelas, Magosto Charanga Ponte Vella.

22.00 h
Na Sala Capitol, concerto de El Sueño de Morfeo, 'Sebuscansonrisas'.

Compartir: