Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 30

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da convocatoria.
2. Expediente de crédito extraordinario núm. 2011-CREXT-19 para instalación de material semafórico con cambio de finalidade de remanente de tesourería afectado procedente de préstamos.
3. Expediente de crédito extraordinario núm. 2011-CREXT-18 para transferencia corrente ás entidades Forum Gastronomic, SL e Fundación Araguaney-Puente de Culturas, con cargo a baixas por anulación doutra aplicación do orzamento de gastos e modificación da base 30 de execución do orzamento municipal 2011.

10.15 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á presentación do Mapa de Destinos Turísticos de Galicia Xeodestinos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo e Casco Histórico, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No Salon dos Reis do Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á recepción aos ex parlamentarios con ocasión do 30 Aniversario.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, inauguración e entrega de premios do Sétimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2011 coa presenza do concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; o xurado do premio e os artistas participantes.

20.45 h
Na Catedral de Santiago (entrada por Praterías), o alcalde compostelan, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de ofrenda ao Apóstolo e presentación do proxecto "Ponte da Boga Expresión Histórica", con motivo do 800 Aniversario da Catedral.

Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: