Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 3 de novembro

10.45 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugura e visita a I Feira Internacional de Emprego, xunto coa concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado del Río, e a directora xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, Ana María Díaz López.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, sobre Nadalxogo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, do concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, e do director xeral de Xuventude da Xunta, Ovidio Rodeiro, para presentar o programa "Outono Fotográfico".

19.00 h
No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Programa Pedalea que organizan conxuntamente co Club Ciclista Aquagest.

Compartir: