Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 16 de novembro

9.15 h
No salón de actos da facultade de Dereito, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do Congreso Internacional de Violencia de Xénero e Xustiza.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do concelleiro Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, e da directora xeral de Comercio, Nava Castro, para presentar os cursos de escaparatismo que organizan Xunta e Concello.

12.30 h
No CEIP Roxos-Villestro, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, inaugura as actividades da Cibercaixa para os próximos meses, unha iniciativa que incide na conciliación familiar e laboral.

20.00 h
No Centro Sociocultural de Vite, Grupo Ouriol Lois Pereiro (Día das letras galegas).

20.30 h
No Teatro Principal, presentación do filme 'Mercado de futuros' e encontro co público tras a proxección.

Toda a programación da XXV edición de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: