Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 29 de xullo

11.00 h
En Trasparlamento, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visita as obras da Escola Infantil Municipal de Trasparlamento, con motivo do seu inicio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Ampliación de usos na reserva de equipamento deportivo R-10 do Plan Parcial do SUP-4. Conxo.
3. Aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal en execución de sentenza anulatoria do Polígono 42. Cruceiro da Coruña.
4. Aprobación definitiva do estudo de detalle do Polígono 39 (P-39). Casas do Rego.
5. Proposta da concelleira delegada de Cultura e Centros Socioculturais de nomeamento dun novo membro para formar parte do Consello Reitor do Auditorio de Galicia.
6. Solicitude de comparecencia, da concelleira delegada de seguridade cidadá e circulación vial, Dona Marta Álvarez-Santullano.
7. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para instar á Xunta de Galicia a defender e desenvolver o sistema galego público de servizos sociais.
8. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para instar á Xunta de Galicia a acordar un reparto xusto dos fondos dos programas de cooperación destinados aos concellos.
9. Dar conta das sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

VIVE O VERÁN
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung 10.00h. No Parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica 11.00h. Con saída da área recreativa de Chaián, Roteiro polo río Tambre I. 20.00h. No Campus Sur (fronte á facultade de Química), Tai Chi e Chi Kung. 22.30h. Na Praza de San Martiño Pinario, Cine: Os Clásicos á Rúa, coa proxección de Benvido, Mr. Marshall (Luis García Berlanga, 1953)
FESTAS DO APÓSTOLO 2010

Xoves 29

19.30 h. Concerto BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA Faustino Rozalén (pd) de X. Carlos Seráns
Alborada de Carril de F. Landín
Aida (escena e gran marcha) de G. Verdi
1812 de P.I. Tchaikowsky
A boda de Luís Alonso de G. Giménez
Rúa do Vilar

23.30 h. Espectáculo de luz e son
Praza do Obradoiro

1.00 h. Música no Toural: NIGHTLOSERS +FLIRT música e mimo (Rumanía)
Colabora: Instituto Cultural Rumano.

Compartir: