Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 28 de maio

11.00 h
Na explanada de Salgueiriños, os Bombeiros de Santiago realizarán un simulacro de excarcelación e intervención nun accidente de tráfico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Campus Vida (rúa Genaro de la Fuente, s/n), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares.

13.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Mercados, Andrés Fariña, e de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar a III Feira Medieval.

14.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os organizadores da Conferencia Europea sobre Promoción da Saúde e Benestar no Traballo.

17.30 h
Na praza Aurelio Aguirre de Conxo, Xogo xigante para celebrar o Día Internacional do Xogo.

18.30 h
No CSC da Trisca, Títeres Cascanueces presenta O gran Ketumba ketamba dentro do programa Letras Vivas Animación.

19.00 h
No CSC de Vite, Eduvia, contacontos dentro do programa Santiago Encantado.

21.00 h
Revelando Voces
No CSC do Castiñeiriño, concerto de Pi Graos, dentro do programa Revelando Voces. Entrada de balde ata completar aforo.

22.00 h
Maio das Letras
No Casino, no marco do Maio das Letras, que organiza o departamento de Normalización Lingüística, RECITAL POÉTICO de Cecilia Parra, Soraya Cortiñas, Paulo Martínez, Rosa Enríquez e Natalia Alonso.

VII edición de Curtocircuíto
10.30h. No Teatro Principal, Clase Maxistral con Nicholas Schmerkin sobre o Fenómeno Logorama. NOTA: Ao remate da Clase, que será sobre as 12.00h., os xornalistas poderán facerlle preguntas.
16.00 h. Na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Obradoiro Paleta Gráfica Codeco.
16.30 h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Internacional 8.
19.00h. Na Aula Sociocultural de Caixa Galicia, Proxección de Curtametraxes da sección Cuba 3.
19.30 h. No Pub Garum, Happy Hour.
20.30 h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección España 4.
21.00h. Na Aula Sociocultural de Caixa Galicia, Proxección de Cine Fantástico.
22.30 h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Explora 3.
00.00 h. Noite no Ultramarinos.

Compartir: