Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 22 de decembro

11.00 h
Na casa do Concello, o acalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a Confraría dos Estudantes.

11.00 h
No CSC José Saramago de Vite, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presenta a exposición Menores en Conflicto do Grupo Revela. Asistirán tamén o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.

12.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro; e o xefe da Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia, Ángel González del Río, visitan as obras do túnel do Hórreo. Punto de encontro: estación do tren.

17.30 e 19.30 h
No Teatro Principal, Galitoon presenta Basilio, o meu amigo imaxinario.

20.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, inaugura a exposición fotográfica Un pé na rúa.

20.30 h
Na Casa do Concello, recepción cidadá.

20.30h.
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asiste á inauguración da exposición Korda. Coñecido Descoñecido. Asisten tamén a comisaria da exposición, Cristina Vives; o director-xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez; e Alberto Figueroa, que foi asistente de Korda.

Apalpando as Ilusións
17:00 h_LSC DE SAN LOURENZO_Obradoiro_TARXETAS DE NADAL
17:00 h_LSC DE FIGUEIRAS_Obradoiro_XOGOS, CONTOS E CANTIGAS DE NADAL
17:00 h_CSC A TRISCA_Obradoiro_AGASALLOS DO APALPADOR
17:30 h_LSC DA ROCHA_Obradoiro_FELICITAMOS O NADAL EN INGLÉS
18:00 h_CSC DE CONXO_Monicreques_¬A HISTORIA DO APALPADOR_TÍTERES CACHIRULO
18:00 h_CSC O ENSANCHE_Obradoiro_DECORANDO O CENTRO
18:00 h_LSC VISO_Obradoiro_AGASALLOS DO APALPADOR
18:30 h_LSC DA ROCHA_Obradoiro_ OBRADOIRO DE AGASALLOS DO APALPADOR
19:00 h_CSC VITE_Obradoiro_ AGASALLOS DO APALPADOR
19:30 h_LSC A GRACIA_Monicreques_LUME_ BABALUVA
20:00 h_CSC A TRISCA_Charla_SÁCALLE PARTIDO ÓS TEUS INGRESOS, ELABORA O TEU PRESUPOSTO
20:00 h_CSC DAS FONTIÑAS_Concerto didáctico_CAMPO DE ESTRELAS

Compartir: