Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 2 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participacion Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar os contidos de Nadal Solidario 2010.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, participa no acto de entrega a FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) de 14 FURGONETAS, acto que estará presidido polo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, e ao que asisitirán o presidente de Fademga, Julio Cortiñas, representantes da Obra Social Caixa Galicia e Obra Social Caja España-Caja Duero e os representantes e usuarios das 13 asociacións beneficiadas da cesión de vehículos.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA para presentar a estrea absoluta en Galicia do filme "Secuestrados" co que se clausura Cineuropa. Estarán a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o director de Cineuropa, José Luis Losa; Miguel Ángel Vivas, director do filme, e Emma Lustres, produtora do mesmo.

18.30 h
No LSC da Pontepedriña, Titereficciós presenta Gofken e o libro máxico.

20.30 h
No Pazo de San Lourenzo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Gala de Nadal da Fundación Andrea.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Santiago Serrate con Amaury Coeytaux, violín; Marisol Montalvo, soprano e Ana Vallés, dirección de escena.
Apalpando as Ilusións
18.00h. No CSC de Vite, Concurso Postais de Nadal con agasallos do Apalpador
18.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro Postais de Nadal.
18.00h. No CSC da Trisca, Obradoiro Decoro o meu centro.
18.30h. No CSC das Fontiñas, Obradoiro Decoro o meu centro.

Compartir: