Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 15 de decembro

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Debate sobre o estado do concello.

12.00 h
No Salón Vermello, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, fai entrega dos premios do I Concurso de Fotografía Realidades de EMUVISSA, dentro das actividades programadas con motivo do X Aniversario da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, e do presidente da Fundación Santiago Centro Área Comercial, José María Fernández, para presentar as actividades de Nadal na Praza Roxa da Concellaría de Xuventude e Festas, en colaboración con Santiago Centro.

14.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza da Fundación Compostela Deporte.

20.00 h
Na sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais (rúa Ramón Piñeiro, 5), o alcalde cosmpostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, pronuncia unha conferencia con motivo do 50 aniversario do Colexio.

Compartir: