Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 30 de xaneiro

10.00 h
No Hotel Monumento San Francisco, a concelleira María Pardo asiste á xornada sobre "A internacionalización da economía galega".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, e do deputado Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos sindicatos do Concello.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da sua área.

Fitur
14.00 h
No stand de Galicia en Fitur (Madrid), a concelleira de Turismo, Reyes Leis, xunto co presidente da Asociación de Hostelería de Santiago, José Manuel Otero, recolle o premio Trivago Online Reputation Awards 2013, que acredita a Santiago como a cidade con mellor reputación online de España.
16.00 h
Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela reuniranse con representantes de Renfe, no stand desta última. Nesta reunión estudaranse posibilidades de traballo conxunto, continuando coa liña que se abriu nunha primeira xuntaza que se celebrou a comezos de mes no Pazo de Raxoi.

17.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visita Laraño con motivo das obras realizadas na torre da igrexa. Asisten a xerente do Consorcio, María Antón, e os concelleiros Luis Bello, Francisco Noya e Juan de la Fuente. Punto de encontro: igrexa de Laraño.

21.00 h
No Teatro Principal, RTA e Talía Teatro presentan 'Gaivotas Subterráneas' de Alfonso Vallejo, dentro do ciclo Teatro&Danza. Artur Trillo, dirección.

21.00 h
Na Zona C, concerto de Guadalupe Plata (Úbeda, blues) dentro do ciclo Blues Nite.

Antroido nos Centros
18,00h LSC Sar, Máscaras. Elaboración de máscaras. Adultos
18.00h Csc Conxo, Elaboración do Meco. Obradoiro para facer o Meco do centro. Nenos e nenas
18.00h Csc Vite, "Superheroes". Elaboración de disfraces para a comparsa do Csc de Vite
19,00h Lsc Amio, Máscaras. Obradoiro de máscaras (continuación). Nenos/as
18.00h Csc Sta Marta,"Superheroes".Elaboración de caretas e complementos do disfrace para a comparsa de Superheroe. Todos os públicos.

Compartir: