Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 1 de marzo

10.00 h
Os alumnos do CEIP de Roxos-Villestro realizan unha visita guiada no tren turístico. Saída da praza do Obradoiro.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos representantes do sindicato CIG no Concello.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, para presentar o VII Festival de Músicas Contemplativas. Asisten a xerente do Consorcio, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.

A partir das 13.00 h
Na Casa Grande do Bachao (Santa Cristina de Fecha), reunión de traballo do goberno municipal. Ás 13.30 h, encontro cos medios.

19.45 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á presentación oficial da proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo.

20.30 h
Na Zona C, Branca Novoneyra presenta 'Escenas Poéticas 1: Aneis', dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Arizona Baby (que presenta o seu novo disco 'The truth, world truth and nothing but the truth') e A Jigsaw dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: