Previsións informativas para o venres 6 de maio
9.45 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura o III Congreso de AGALIN.
10.00 h
Na Casa do Concello, recepción á asociación Erasmus Student Network.
10.30 h
Na Casa do Concello, recepción á xunta directiva da empresa OzonaTech con motivo do seu 20º aniversario.
11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sanchez Bugallo, reúnese co Cluster da Comunicación de Galicia.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, visita as obras do palacete da Finca do Espiño.
13.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cos doutores Luciano Vidán e Javier de Toro.
17.00 e 18.30 h
No Teatro Principal, We Tum Tum presenta ‘Crassh Babies’, dentro do PorVezPrimeira da programación de Artes Escénicas e En Familia de Compostela Cultura.
19.00 h
No Centro Sociocultural de Vite, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do proxecto Vite Arquiva.