Previsións informativas para o mércores 9 de novembro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta, María Rozas sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, para presentar a campaña ‘Leva unha planta’, acompañada polo xefe de parques e xardíns, Gregorio López.
18.00 h.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Cidade Histórica, Mercedes Rosón, inauguran o CSC do Casco Histórico.
19.00 h
No Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns (CIPX) no Parque de Belvís, levarase a cabo o sorteo de hortas urbanas municipais de Brañas do Sar.
19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentará o Plan Especial de Conxo á AVV Conxo Aberto