Previsións informativas para o luns 7 de novembro
11.00h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a xerente e o presidente de Área Central, Sara Castedo e Javier Suárez.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
13.00h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe os representantes de EspazoCoop e a Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA). No acto tamén intervirán María Jesús Lorenzana, conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia; Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, e Luis Miguel Jurado, Presidente de COCETA.
18.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o barrio de Vista Alegre. O punto de encontro será o local da Asociación de Veciños de Vista Alegre.