Previsións informativas para o venres 25 de novembro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na praza do Obradoiro, lectura do manifesto con motivo do 25N, Día para a eliminación da violencia contra as mulleres.
17.00 h
En Conxo, praza Aurelio Aguirre, reparto de plantas dentro da iniciativa Leva unha planta! do departamento de Parques e Xardíns da Concellería de Medio Ambiente.
18.00 h
Na sede do Colexio Oficial de Médicos (Rúa de San Pedro de Mezonzo, 39), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración da LXVI Reunión da Sociedade de Cirurxía de Galicia.
18.00 h
No Hotel Congreso, a concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, asiste ao acto de inauguración da XIV Xornada de técnicos, deportistas e voluntarios de Special Olympics Galicia.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Zahara que chega á cidade coa súa xira ‘Grazas, puta’.
20.30 h
No Teatro Principal, Nueveuno presenta ‘Suspensión’, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura e do cilco Platea do INAEM do Ministerio de Cultura.