Previsións informativas para o venres 23 de marzo
10.45 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e da xerenta de Incolsa, Flavia Ramil, para presentar o novo calendario de congresos e eventos on line de Turismo de Santiago.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega do Título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago á Súa Maxestade o Rei Don Juan Carlos.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.
16.30 h
No Centro Sociocultural de Busto, obradoiro para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres, dentro da programación do Día Internacional das Mulleres.
19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, debate "Medios de comunicación e xénero", dentro da programación do Día Internacional das Mulleres.
Alguén que Respira! I Festival de Poesía para Corpo Principal
Teatro Principal
19.00 h Atravesei a verxa
20.00 h Escrita en conflito
21.30 h De pico a pico