Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 24 de setembro

10.30 h
En Salgueiriños, a concelleira de Educación, María Castelao, visita a Escola Infantil de Salgueiriños con motivo da realización dunha actividade sobre a vendima na que participan as familias e os nenos.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a Olga Rostropovich, no marco do III Festival Internacional Peregrinos Musicais.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar as novas actividades de dinamización comercial "Estrea Estilo", acompañada da súa organizadora, Mónica Mejías, da empresa Correveydile.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o Programa Didáctico do curso 2013-2014.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, para informar dos puntos da Comisión de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e especial de Contas.

18.00 h
No Estadio de San Lázaro, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visita a Escola de Atletismo.

20.30 h
No CSC da Rocha, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugura a IX Semana Cultural da Rocha. Inaugurarase a exposición Querido Balbino e a mostra Luces e sombras na pedra.

21.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, concerto 20º aniversario do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España e clausura do XIV Ciclo de Lied. Con Elizabeth Watts, soprano, e Roger Vignoles, piano.

Compartir: