Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 8 de agosto

10.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do Campionato do Mundo de Vela Clase Platu 25. A continuación (11.00 h), no salón vermello, recepción aos participantes no acto.

11.30 h
Na Casa do Concello, a vicevoceira da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
A alcaldesa en funcións e concelleira de Emprego, Reyes Leis, e a delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo visitan os cursos do Programa "Accións formativas para desempregados", que se realizan no centro de formación de Aríns. (Haberá un servizo de transporte para os medios interesados que sairá ás 12.10 h da praza do Obradoiro).

13.00 h
Na Casa da Troia, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, e o presidente da Asociación de Antigos Tunos Composteláns, Benigno Amor, participan na visita guiada que os nenos e nenas do campamento de verán do Centro Don Bosco realizan a esta casa museo, organizada polo Concello.

VERÁN NA RÚA
19.30 h
Na praza da Quintana, CIRCO CHOSCO, Chosco! Galicia/Euskadi. Clown/Acrobacias/Malabares. + 3 anos.

Compartir: