Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 11 de xullo

Xoves 11

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, xunta coa xerente do Consorcio, María Antón, para presentar o concerto-homenaxe ao maestro Antón García Abril, que estará presente na rolda.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a carreira nocturna de Corre San.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitan as "obras de pavimentación de vías públicas municipais nos núcleos de Barciela e Polveira" e as "obras de reforzo do firme na vía pública municipal M-27A.YV (Lavacolla-Sabugueira)", incluídas no Plan de Obras e Servizos 2012. Asisten os concelleiros Luis Meijide e José María Rosende. Punto de encontro: igrexa de Barciela

18.00 h
No colexio La Salle, Ara Malikian Ensemble presenta 'As miñas primeiras Catro Estacións' que trata de facer chegar aos rapaces a experiencia da música dun xeito lúdico e elocuente, no Via Stellae.

19.30 h
Na capela real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao concerto homenaxe ao maestro Antón García Abril.

20.30 h
Na Praza da Quintana, a Banda Municipal de Música e Odaiko Percussion Group, presentan no Off (Percusión) Stellae un proxecto que nace para facer realidade ese afán innovador que caracteriza a Odaiko Percussion Group, neste caso procurando a mestura da música clásica-contemporánea.

Compartir: