Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 5 de xuño

11.00 h
Na praza do Toural, celebración do Día do Doante de Órganos e Tecidos, organizado por Alcer. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, e o vicepresidente de Alcer, Manoel Bello, farán entrega do carné de doador á cantante compostelá Yhadira.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, e do director - xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar a segunda edición da Romaría POP. Estará na rolda Álvaro Álvarez, secretario da Asociación Desconcierto Cultural.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, para presentar o programa "San Pedro para vivir, San Pedro para traballar. Locais comerciais libres: unha oportunidade".

12.00 h
No Centro Sociocultural da Trisca, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á reunión da coordinadora do barrio de San Pedro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a Xira Galega Karting.

17.00 a 20.00 h
No CSC das Fontiñas, sesión de consultoría impartida por AS Computer para poñerse ao día do funcionamento do Ipad nos entornos empresariais. Asiste o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

19.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á inauguración da Exposición Rexistro 108, do fotógrafo lucense Germán Limeres, dento das actividades do I Festival de Cine e TV Camiño de Santiago, que conta co patrocinio de Turismo de Santiago.

Varias horas
No Teatro Principal, proxeccións do I Festival de Cine e Televisión Camiño de Santiago.

Compartir: