Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 21 de xuño

10.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, reúnese cos presidentes da Asociación de Hostalería de Santiago, José Otero e Jesús Sordo, e un representante do grupo PREMIR para levar a cabo un proxecto de voluntariado co que se pretende que estudantes de comercio internacional na mencionada academia, con bo nivel de inglés, entre outros idiomas, sirvan de axuda a turistas e hostaleiros. Declaracións aos medios ao remate. (10.40 aprox.).

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, para informar sobre as cacharelas de San Xoán.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e o concelleiro de Centros Socioculturais, Reyes Leis e Francisco Noya, acompañados do alcalde de Rois, Ramón Tojo, e os concelleiros de Turismo de Teo, Anxo Rei, e Padrón, Carmen Lois, para presentar "Marabillas do Camiño Portugués de Padrón a Santiago", primeira excursión organizada dende o Concello de Santiago e Área Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, reunión da Xunta Local de Seguridade, presidida polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Declaracións ao remate (13.15 aprox.).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Praza das Praterías, a concelleira de Educación, María Castelao, dá o pistoletazo de saída ás actuacións con motivo do Día Europeo da Música.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA para presentar 'Sempre ao lonxe' e 'Románticos', o Teatro de Mofa e Befa, coa presenza de José Victor Carou, director- xerente do Auditorio de Galicia, Quico Cadaval, director, e Evaristo Calvo, Víctor Mosquera e Piti Sanz, elenco.

12.45 h
A concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, visita o comercio Allegra (Alfredo Brañas, 17), un dos comercios que participa nos outfits do programa de dinamización comercial Sensación- all,o teu comercio está de moda, que rematará cun desfile na Cidade da Cultura o sábado 29 de xuño.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, V Encontro Interxeracional de xadrez. Ademais das partidas haberá unha exhibición xadrecística dos catro galegos finalistas do concurso Los Increíbles: Dan Cruz, Julio González, Antía Martínez e Martín López, así como unha exposición de campións de xadrez do mundo. Asiste o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

20.30 h
Na Zona C, 'Lampíricos' performance e acción de Antón Lopo. Palabra e luz. Corpo e poesía. Espazo e atmósfera en Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, Xoel López presenta 'Atlántico', unha nova etapa musical e persoal para o artista, peche de temporada do 'Intimo e Acústico'.

Día Europeo da Música
12 h Praza das Praterías
Orquestra do Espazo de Cámara da USC
13 h Praza das Praterías
Banda Profesional do CMUS Profesional de Santiago
18 Praza de Feixóo
Aula Aberta de nenos/as de Música e Movemento, Escola de Música Berenguela
Xornada de portas abertas cos nenos de música e movemento, coordinados pola profesora Rosana Digón.
18:30 h Praza de Feixóo
Actuacións dende os balcóns e vestíbulo aberto da Escola de Música Berenguela
Grupo "Singing in English"
19 h Praza das Praterías
Concerto da Orquestra de Corda da Escola Municipal de Música
19:30 h Praza das Praterías
Concerto da Banda da Escola Municipal de Música
20 h Praza das Praterías
Concerto da Agrupación Tradicional da Escola Municipal de Música
20 h Igrexa das Ánimas
Mostra e exposición do Órgano Ibérico da Capela da Real Cofradía das Ánimas
Coro Amigos do CMUS Profesional Santiago de Compostela
Entrada libre e de balde ata completar aforo, e previa retirada de invitación antes da actividade.
Organización: Escola de Música Berenguela e Conservatorio Profesional de Música de Santiago.
20 h Auditorio do Conservatorio Profesional de Música Santiago
"ZOAR ENSEMBLE" coa colaboración de Alex Cimadevila e Saúl Canosa.

Compartir: