Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 2 de xuño

13.00 h
Desde a Alameda e pola Zona Vella, desfile do macrobolo de percusión na V xornada de Percusión Afrobrasileira, Bate Batuke.

14.00 h
No pavillón de Vite, Torneo Internacional Luso-Galaico de hóckey a patíns. Entrega de premios.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, VIII Certame de Danza Intercentros.

19.15 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á recepción ofrecida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con motivo da visita do presidente da República Oriental de Uruguai, José Mujica Cordano.

19.30 h
Na Catedral, o segunda tenente de alcalde, Amelia González, asiste en representación do alcalde á misa que se celebra con motivo da Solemnidade do Santísimo Corpo e Sangue de Cristo e á procesión posterior. No acto, a Banda Municipal de Música de Santiago interpretará dúas pezas recuperadas do mestre Reveriano Soutullo Otero (Santísimo Sacramento e Hostia Sagrada).

21.00 h
No Teatro Principal, ‘El Amor de Eloy’ é unha comedia trepidante e intelixente escrita por Ernesto Caballero onde critica duramente as relacións de parella, en Teatro&Danza.

Compartir: