Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 9 de maio

10.00 h
Na facultade de Xornalismo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á apertura da xuntanza de CIRCOM (European Association of Regional Television).

12.30 h
En Amio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Feira Cabalar e ás 13.00 h participa na entrega dos premios. A partir das 14.00 h, realizará un percorrido pola Alameda, con saída de Porta Faxeira. Asiste o concelleiro de Festas, Francisco Noya.

17.30 h
Na praza do Toural, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visita o obradoiro de graffitis, que se desenvolve dentro das Festas da Ascensión, organizado pola Concellería de Benestar.

FESTAS DA ASCENSIÓN

Concurso Cabalar Ascensión 2013
Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio)
PROGRAMA:
09.30 h. Apertura de inscricións nos concursos
10.00 h. Concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega
10.30 h. Concurso morfolóxico oficial de eguas de pura raza galega
11.00 h. Concurso morfolóxico de cabalos cruzados
11.30 h. Concurso morfolóxico de eguas cruzadas
12.00 h. Concurso tradicional de "Andadura galega" na modalidade serrada (dous tempos)
12.30 h. Concurso tradicional de "Andadura galega" na modalidade chapeada (catro tempos)
13.00 h. Entrega de premios e trofeos as gandeirías gañadoras e do Gran Premio Dragóns de Santiago
13.10 h. a 14.00 h. Exhibicións de doma de alta escola
e doma en liberdade
De 11.00 a 13.00 h. Escola infantil gratuita con ponis
para nenos e nenas
De 9.00 a 14.00 h. Na nave central VII Exposición
Nacional de cabalos e eguas de pura raza galega.

12.30 e 20.00 h Pasarrúas: Charanga Compostela
12:30 h. Banda Municipal de Música
Xosé Carlos Seráns /director
Por tradición, música. Obras de Del Río, Rossini, Chueca, Soutullo/Vert, Vives
Rúa do Vilar
12:30 h. Comparsa de Cabezudos

Cultura Urbana
Praza do Toural
PROGRAMA:
17.30 h. Obradoiro de Graffiti
18:30 h. Obradoiro de Turntablism (Dj)
19:30 h. Obradoiro de Beatbox
20:00 h. Exhibición de Graffiti
21:00 h. Exhibición de Breakdance
Exhibición de Beatbox
Exhibición de Popping (robot dance)

21:00 h.
Compostela Rock
Willie Nile
Presentación do seu novo disco
American ride
(único concerto en Galicia)
+ Graham Summer
Teatro Principal
(12 € anticipada/15 € na billeteira)

21:30 h. Gala musical Ascensión
Praza do Obradoiro
Presentan: Liborio García e Silvia Jato
Pignoise
Andy & Lucas
David de María
David Civera
Astarot
Luis Boyano
Humor: Juan Muñoz, Roi e Boris

22:00 h. Orquestra na Alameda
Filadelfia

Compartir: