Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 28 de maio

10.00 h
A concelleira de Educación, María Castelao, visita, xunto co delegado territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, o Colexio de Educación Especial Manuel López Navalón (Lugar das Casas do Rego, nº 20).

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No paseo central do Parque da Alameda, presentación da Campaña "RACE FIA ACTION FOR ROAD SAFETY". Ao acto asistirán a concelleira de Educación, María Castelao; o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luís Bello; o director de Seguridad Vial do Real Automóvil Club de España-Race, Tomás Santa Cecilia; e o coordinador Nacional de Educación Vial, Juan Antonio Sánchez Trillo. O RACE elixiu Santiago para o comezo desta campaña internacional.

12.00 h
No Concello de Toledo, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á reunión da Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar 'Viaxe a ningunha parte' e 'Rosalía: Os cantares das Musas', de Sarabela Teatro, en Teatro&danza, acompañado de Fina Calleja, actriz e distribución Sarabela Teatro, e Josito Porto, actor.

Compartir: