Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 24 de maio

A partir das 9.00 h
No pavillón de Vite, V Campionato de España de Hockey a patíns feminino sub-16.

9.45 h
No Cersia, a concelleira de Economía e Turismo, Reyes Leis, asiste á inauguración do Encontro de xuristas e empresarios.

10.45 h
En Palencia, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, recolle o premio Cidades Thao, no marco do VIII encontro Thao de prevención da obesidade infantil.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, xunto co vicerrector de Estudantes, Francisco Durán, para presentar a charla sobre emprego que ofrecerá a agregada de Cultura da Embaixada de Canadá de Madrid.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o 5º Gran Premio Santiago DH Open Galego de Descenso MTC.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobe asuntos de carácter local.

12.15 h
Na rúa Xeneral Pardiñas (tramo comprendido entre Montero Ríos e República do Salvador), inauguración do Paseo das Estrelas, dentro do programa Comercio de Cine, no que figura o nome dos comercios premiados. Asiste a concelleira de Comercio, Reyes Leis, e representantes do comercio compostelán.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar "Mañás de verán e de xogo 2013".

12.30 h
En Ferrol (explanada da Sala de Armas), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega da Medalla de Ouro da provincia ao Arsenal Militar de Ferrol.

13.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Comercio, Reyes Leis, preside a Mesa Local do Comercio.

16.00 h
No Auditorio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, participa na inauguración do I Curso de Dereito do Fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol e no que colabora o Concello. Tamén asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

21.00 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Benestar Social, María Castelao, asisten á Gala Benéfica da Asociación Española Contra o Cancro.

Compartir: