Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 22 de maio

Mércores 22

10.00 h
En Madrid (Hotel Eurostar), a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á xornada "O turismo: motor estratéxico para o desenvolvemento local", organizada por Exceltur.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para dar conta dos asuntos tratados na Comisión asesora do Casco Histórico.

11.00 h
No paseo da Alameda (estatua de Valle-Inclán), as concelleiras Rebeca Domínguez e María Castelao asisten ao maratón de lectura organizado pola Fundación Granell e dedicado á figura de Valle-Inclán.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No salón de tapices do Auditorio Nacional de Madrid, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación da temporada 2013/2014 do Centro Nacional para a Difusión Musical, institución que colabora co Concello en 6 concertos das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago. Estas xornadas celébraranse en outubro e serán presentadas o vindeiro 3 de xuño. Na presentación en Madrid estarán o director do Centro Nacional para a Difusión Musica, Antonio Moral, e o director xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e Musicais, Miguel Ángel Recio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Curso de dereito do fútbol. Na rolda tamén estará o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, e o presidente do Comité de Disciplina Deportiva, Ulises Bértolo.

12.00 h
No CEIP Rodríguez Xixirei (Lavacolla), as concelleira de Normalización Lingüística e de Educación, Rebeca Domínguez e María Castelao, visitan a actividade Conto Viaxeiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos sindicatos do Concello.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto do trío de Rochester Hi-Risers, Made in Usa no ciclo Compostela Rock.

22.30 h
No Jazz Club Dado Dada Jorge Pardo presenta o seu último traballo 'Huellas', fusión do jazz e o flamenco, no VI ciclo 1906 Jazz.

Compartir: