Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 21 de maio

10.00 h
Na sede de Down Compostela (rúa Alejandro Novo González, nº1. Conxo), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á reunión da rede de coordinación Conxo-Milladoiro, na que se activará a páxina da coordinadora na rede Compostela Integra.

11.00 h
Na Deputación da Coruña, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á presentación do I Circuíto provincial de Carreiras populares.

11.30 h
No Salón Vermello, acto de entrega dun cuadro do pintor Segundo Hevia ao Concello. Preside o alcalde compostelán, Ángel Currás.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municpal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a voceira do grupo de goberno, María Pardo, asiste á presentación da nova oferta gastronómica de Paradores Galegos.

12.30 h
No Aeroporto de Lavacolla (área de saídas, primeira planta), o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis, preside o acto de presentación do voo inaugural de Turkish Airlines.

13.30 h
No salón de actos de El Correo Gallego, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á presentación do Día autonómico do Minibasquet.

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asisten á inauguración da ruta Santiago de Compostela-Estambul de Turkish Airlines.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquesta Sinfónica Conservatorio Superior Coruña, baixo a batuta de Sergio Añon Lijó, no ciclo Novas Orquestras.

Compartir: