Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 16 de maio

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste ao acto con motivo do Día das Letras Galegas organizado pola USC.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Torneo benéfico Cociña Económica organizado polo Club Hockey Raxoi

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h
No Salón Teatro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto con motivo do Día das Letras Galegas organizado pola Xunta de Galicia. Asiste tamén a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez.

19.30 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a inauguración da exposición Espíritu del vino. El vino como valor religioso.

20.30 h
En Fonseca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do XII Congreso da Sociedade Española de Medicina Oral.

21.00 h
No Teatro Principal e con motivo da Programación especial Día das Letras Galegas, Teatro do Aquí presenta 'Criaturas' de Roberto Vidal Bolaño.

Compartir: