Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 11 de maio

10.00 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á inauguración do Curso de Prevención e Readaptación de Lesións Deportivas.

10.30 h
En Xoán Carlos I, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á saída da carreira Trofeo Ciclista Concello de Santiago de escolas e cadetes e ás 13.00 h fai entrega das medallas. Ás 16.30 h participa na Volta Ciclista á Ascensión e ás 19.45 h asiste á entrega de premios. Ás 20.15 h, no pavillón de Santa Isabel, asiste ao Campionato de Baile e ás 20.30 h ao Open da Chave (na Alameda, enfronte da gardería).

11.30 e 12.30 h
Na Galería Sargadelos, Do Berce á Lúa, sesión de contos para bebés, dentro da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura.

12.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, recibe un grupo de 15 rapaces acompañados de 6 monitores da ONG Meridianos, de Almería, despois de realizar unha parte do Camiño de Santiago. Estes rapaces, con distintas problemáticas sociais e algúns procedentes de centros de menores, forman parte dun proxecto solidario de educación en valores como a solidariedade, o voluntariado, a responsabilidade colectiva ou o compromiso coa vida comunitaria.

13.30 h
Na Capela real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de nomeamento de Gerardo Fernández Albor como membro de honra do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos.

14.00 h
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Festas, Francisco Noya, asiste á XV Festa para os Maiores.

19.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o concelleiro José Rosende asiste ao acto de clausura das clases maxistrais de violín e do curso de música de cámara da Escola Municipal de Música.

22.30 h
No Jazz Club Dado Dadá, Nani García Trío no VI ciclo 1906 Jazz.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2013

XV Festa para os Maiores
Recinto feiral de Amio
(7 € nas billeteiras do Teatro Principal)
14:00 h. Xantar e a continuación actuación
musical ORQUESTRA POCEIRO con MIGUEL TORRES
10:00 h. Trofeo Ciclista Concello de Santiago de escolas e cadetes
Parque da Alameda
12.00 e 20.00 h Pasarrúas:
Charanga Compostela
12:00 h. Xogos populares na Praza Roxa para todos os públicos.
As persoas que se acheguen poderán xogar á corda, ás canicas, á estornela, á comba, á
goma, ao xogo dos aros, á raiola, carreira de chapas, entre outros.
13:00 h. Inauguración da Feira do Libro Antigo
Banda Municipal de Música
Xosé Carlos Seráns / director
Marchas e pasodobles
Alameda
Durante todo o día no Pavillón Municipal de Santa Isabel terá lugar o Campionato Galego de Bailes Latinos e Standard
16:00 h. Volta Ciclista á Ascensión
Saída e chegada desde a Avda. de Xoan Carlos I
17.30 h e 19.00 h
Programación Infantil e Familiar
Os monicreques de Kukas
Xan Perillán ca maleta máxica
Zona C (Bonaval)
(5 € entrada familiar, 4 entradas:15 €)
A partir das 17.50 h
CORAIS NA RÚA:
17.40 h. Asubío e Voces do Camiño
Praza das Praterías
18.00 h. Solfa e Castiñeiriño
Praza do Toural
18.20 h. Coto da Nai e Pontemantible
Rúa Nova
18.40 h. Santa Susana e Irmán Gómez
Travesa de Fonseca (Correos)
19.00 h. Amigos de Compostela e La Salle
Praza de Cervantes
19.20 h. A Xuntanza, Xúbilo e Castrosúa
Praza da Quintana
20.00 h. TODAS AS CORAIS.
Praza das Praterías
20.00 h Campionato da Chave
Festas da Ascensión
Parque da Alameda
20.00 e 22.30 h Falabaratos:
Roberto Vilar
A cabeza non para
Roberto Gómez
/JuanRamón
/Manolito the Fisherman
Teatro Principal
(Xeral: 18 € / Anfiteatro: 15 €)
20:30 h. Clásicos da Ascensión:
Le poème harmonique (París)
Vicent Dumestre, director
Esperar, sentir, morir
(bailes de rúa e cancións cortesanas do XVIII en España e Italia. Obras de Rossi, Monteverdi,
Moulinié, Merula, Martín e Coll, Kapsberger, Sanz, Hidalgo)
Igrexa da Universidade
(entrada libre previa recollida da invitación na billeteira do Teatro Principal)
22:30 h. Orquestra na Alameda
Ciclón

Compartir: