Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 6 de abril

10.00 h
Na Escola Galega de Administración Pública, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste á apertura do seminario "Adolescentes e novas teconoloxías. Unha responsabilidade compartida".

11.00 h
Con saída da praza de Galicia (diante do Banco de Santander), ruta "Parroquias I, Conxo, Vidán e Laraño; a través dos sendeiros e camiños culturais descubriremos a historia e transformación dalgúns importantes elementos patrimoniais das parroquias compostelás", dentro do Programa educativo Cultura Viva, fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.

12.00 h
Na sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar), inauguración do Outlet do Libro Galego.

12.00 h
No salón amarelo, a concelleira de Educación, María Castelao, fai entrega dos premios do certame escolar de redacción e debuxo organizado por La Voz de Galicia.

14.00 h
Na Casa da Cultura de Bertamiráns, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á entrega de premios da final da fase comarcal do Club de Debate. Concederase un premio ao equipo gañador e outro ao finalista das fases comarcais. Os premios consistirán en material cultural en galego por valor de 500 euros (primeiro clasificado) e 300 euros (segundo clasificado). O premio para o equipo gañador da fase final galega consistirá nunha viaxe de fin de semana, para un máximo de 25 persoas, con contidos culturais que contribúan aos obxectivos deste proxecto.

17.00 h a 20.00 h
Nas instalacións do Centro Xuvenil Don Bosco, a Concellaría de Centros Socioculturais organiza unha tarde con xogos e actividades deportivas para todos os nenos e adultos que participaron nas actividades dos centros durante as festas de Nadal e Antroido. Asiste o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.

20.30 h
Na Zona C, Ut- Tópico Teatro presenta 'Faust Box', a dualidade do ben e o mal.

20.30 h
No Teatro Principal, Pradairo presenta 'Pateado', unha proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade en Sons13.

20.30 h
Na Sala Capitol, Nick Lowe presenta One man band, voz, guitarra e cancións no Compostela Rock.

Compartir: