Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 4 de abril

11.30 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES, Salgueiriños), a concelleira de Benestar Social, María Castelao, recibe un grupo de 72 alumnos de 2º de Educación Social da USC que visitan o centro para coñecer o funcionamento dos servizos sociais do Concello.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Economía, Reyes Leis, xunto coa emprendedora Mariela Villar para presentar o novo proxecto empresarial Ccamina.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación, María Castelao, participa no encontro co ilustrador Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración e membro do xurado do VI Premio Internacional "Compostela" de Albums Ilustrados. Creador da imaxe do célebre personaxe 'Manolito Gafotas', ilustrou máis de medio cento de libros infantís en varias editoriais, entre elas, Kalandraka, para a que ilustrou "As catro estacións" e "Discurso do oso".

20.30 h
No Teatro Principal Manuel Manquiña e Luis Zahera presentan 'Monólogos inocentes', sobre a crise económica, a televisión e a ciencia, o amor e a familia. Todos os temas do noso tempo, tratados con humor e sarcasmo no Falabaratos.

20.30 h
Na Zona C Ut- Tópico Teatro presenta 'Faust Box', a dualidade do ben e o mal.

Compartir: