Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 29 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, para presentar a programación do trimestre da Escola Municipal de Música, dentro do que se atopa o ciclo de concertos didácticos nos centros de ensino de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Xosé Baqueiro sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na sede da FEGAMP, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos de carácter local.

17.00 e as 19.30 h
En Belvís, Xornada de portas abertas cos centros escolares do Centro de Interprestación Ambiental de Compostela (CIAC). Estará aberto para os equipos directivos dos centros de ensino, para que coñezan os recursos didácticos cos que conta o CIAC e a súa oferta de educación ambiental.

19.30 h
No Teatro Principal XIV Mostra Teatro Universitario de Galicia. Varias Compañías.

Compartir: