Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 15 de abril

10.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

11.00 h
Na delegación territorial da Xunta de Galicia na Coruña, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á reunión explicativa sobre o contido e desenvolvemento do convenio que a Fegamp asinou o pasado luns coa Xunta e o Consello Xeral do Poder Xudicial para actuar de forma preventiva ante causas de desafiuzamentos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG, Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, e do secretario da Cámara de Comercio, Fernando Barrios, para presentar CONECOM, un evento sobre comercio electrónico.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros María Pardo e Juan de la Fuente para presentar o Plan de Actuación 2013.

18.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á homenaxe organizada pola Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca á ex concelleira Paula Prado, polo labor desempeñado á fronte da Concellería.

18.30 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese cos representantes da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.

20.30 h
No Auditorio da Xuventude de Cambados, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, participa na VIII Edición dos Premios Galicia de Xornalismo Deportivo, organizada pola Federación Galega da Prensa Deportiva.

21.00 h
No Teatro Principal, XI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC, en Teatro e Danza.

Compartir: