Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 11 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, as concelleiras de Educación, María Castelao, e de Xuventude, Rebeca Domínguez, reciben un grupo de 28 alumnos do instituto Peutinger, de Ausburgo (Alemaña), que están a participar nun intercambio co IES Xelmírez I.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico coa Banda Municipal de Música 'Imos á Banda'. Concerto centrado no bandoneón a través da música do arxentino Alejandro Szabo, solista do concerto.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar a danza do mes de abril, acompañado de Nuria Sotelo, da Compañía Nuria Sotelo.

12.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a entrega de premios "Vive a Paixón en Santiago de Compostela".

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.00 h
No Hotel San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, dá a benvida aos participantes no XV Congreso da Asociación Española de Riscos Sanitarios.

19.30 h
No Salón Vermello, recepción aos participantes no XV Congreso da Asociación Española de Riscos Sanitarios.

21.00 h
No Teatro Principal, Tejido Abierto Teatro presenta 'Bodas de sangre' unha das obras máis representadas do teatro lorquiano, no ciclo Teatro e Danza.

21.00 h
Na Zona C, concerto de Disco las Palmeras!, que presentan o seu novo traballo 'Ultra' e Telephone Rouges como teloneiros, no Compostela Rock.

Compartir: