Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 12 de marzo

10.30 h
Casas Novas. O alcalde compostelán, Ángel Currás, visita Casas Novas con motivo das obras de reparación do cruceiro.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, para presentar o concerto da Orquestra de Percusión Ibérica Coetus & Eliseo Parra que trae o seu segundo álbum "Entre Tierras" ao ciclo Sons13. Doce músicos que dotan aos instrumentos de percusión dunha linguaxe propia inspirada nos ritmos tradicionais e creando un diálogo activo entre eles e a voz. Na rolda estarán tamén Judit Neddermann e Marc Vila, cantante e percusionista, respectivamente.

11.30 h
En Portomouro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, visita as obras de mellora da estrada Roxos-Portomouro co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o partido internacional da Selección española de Rugby. Na rolda tamén estarán o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o presidente da Federación española de Rugby; Javier González Cancho; e o presidente da Federación galega, Ignacio Cociña Iglesias.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, María Castelao, para presentar o programa municipal de conciliación para a Semana Santa 2013.

18.00 h
En Pontepedriña, a concelleira de Benestar Social, María Castelao, visita o local das avoas de Pontepedriña.

19.30 h
No paraninfo da USC, presentación do libro "Santiago, ciudad de encuentros y presencias", coeditado polo Consorcio de Santiago.

Compartir: