Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 27 de febreiro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación da USC, Francisco R. Durán, e co catedrático director do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC", Luis Hervella.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar o Censo de Locais Comerciais de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo. Na rolda tamén estarán o alcalde de Boqueixón, Jesús Sanjuás; o subdirector xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Carlos Gómez; os presidentes das Federacións española e galega de motociclismo, Ángel Viladoms e José Bernárdez; o delegado de Enduro da Federación Española de Motoclismo, Josep Alonso; e o presidente do motoclub organizador Móvete na Moto, José Canda. Ao acto tamén asistirán varios dos pilotos campións do mundo e de España que participarán na proba.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel.

18.00 h
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, visita as instalacións do IGP Tenreira Galega, xunto co presidente e o secretario do Consello Regulador; Jesús González e José Gómez, e a concelleira de Mercados, Reyes Leis.

21.00 h
No Teatro Principal, 'O home almofada', un thriller de Martin McDonagh con Il Maquinario Teatro. Dirixido por Tito Asorey está enmarcado no ciclo Teatro&Danza.

Compartir: