Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 21 de febreiro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave baixo o título 'Adagio, Canon, Aria, Serenata...'.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, para informar sobre as obras da rúa Virxe Branca.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
No CEIP López Ferreiro, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, celebra o Día Internacional da Lingua Materna, que subscribe o Concello de Santiago como parte da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

19.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega dos premios da Cultura Galega 2012.

20.30 h
Na Zona C, Voadora presenta 'Waltz' dirixida por Marta Pazos dentro do ciclo Teatro&Danza. Con Marta Pazos, José Díaz e Hugo Torres.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Abono da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Víctor Pablo Pérez.

21.00 h
No Teatro Principal, a Compañía Internacional de Teatro Arte Livre presenta 'Divina Garbo', dirixida por Roberto Cordovani e Bruno Portela, dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: