Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o II Cross de Compostela. Asisten o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o delegado da Federación en Santiago, Iván Sanmartín.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o programa "Cultura Viva, fai túa Compostela", edición febreiro-abril 2013.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

18.30 h
Na Casa da Matanza (Padrón), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao plenario da Fundación Rosalía de Castro.

20.30 h
Na Zona C de Bonaval, estrea absoluta de 'Waltz' de Voadora dentro do ciclo Teatro&Danza. Dirixida por Marta Pazos, con José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Love of Lesbian, que presentan o seu disco 'La noche eterna - Los días olvidados', dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Fabien Gabel.

Compartir: