Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 13 de febreiro

11.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira Reyes Leis asiste á presentación do proxecto gañador do concurso de voluntarios BBVA 2012 "Emprego con apoio para persoas con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, para presentar as I Xornadas de órgano Mariano Tafall, organizadas polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago.

12.00 h
No Consello da Cultura Galega, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, presenta o libro A visita de Isabel II a Galicia en 1858, de Margarita Barral.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Persoal e Réxime Interior, Amelia González, sobre asuntos da súa área.

Antroido 2013

20:00 h. ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Antroido desde a praza do Toural ata a Praza Roxa facendo o percorrido seguinte: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador, para rematar na Praza Roxa.
(Prégase aos acompañantes vistan de rigoroso loito para a ocasión)
21:00 h. QUEIMA DO MECO e animación a cargo da comparsa A RULIÑA DE LARAÑO
Acompañamento: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO
Praza Roxa

Compartir: