Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 4 de novembro

9.45 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da convocatoria.
2. Aprobación inicial da modificación de ordenanzas fiscais para o ano 2014.
3. Proposta da concelleira delegada de área de servizos sociais de modificación do anexo de subvencións nominativas do artigo 28 das bases de execución do orzamento.
4. Proposta do concelleiro delegado da área de mobilidade e seguridade de concesión dunha subvención á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello.

11.30 h
Na igrexa da Universidade, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao certame Xuventude Crea 2013.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, para presentar o programa "Compostela Actúa".

12.15 h
Na sede da Fundación Caixagalicia (rúa do Vilar, 19), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do acordo institucional para levar a cabo as actividades de homenaxe a Segundo Hevia.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a Semana Agustín Magán. Na rolda tamén estará un representante da compañía Ditea, colaboradores desta actividade.

13.00 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinan un convenio de colaboración.

18.30 h
No Teatro Principal, 'A idade da pavía' de Arístides Vargas dentro do Galicia Escena Pro.

Compartir: