Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 12 de novembro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico coa Banda Municipal de Música: 'A comedia segundo Harold Lloyd'.

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Educación, María Castelao, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibe a directora do Colexio La Salle, Mar Fernández Balboa; o presidente do Club Fademga, Antonio Fuentetaja; e o presidente de Special Olympic Games Galicia, Eladio Fernández.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar o XIX Premio de Investigación sobre o Traxe Galego Antón Fraguas. Na rolda tamén estará a presidenta da Asociación Traxe Galego, Cristina Mosquera.

13.00 h
Na Consellería de Sanidade (Despacho da conselleira. San Lázaro), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asina un acordo coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, sobre a concesión demanial dos espazos deportivos existentes no hospital psiquiátrico de Conxo. Asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

13.00 h
No salón de actos do Colexio Maior San Agustín (Praza Santo Agostiño, 2), acto institucional de inauguración do novo curso das Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal). Presiden a concelleira de Familia, Muller e Igualdade, Benestar Social e Maiores, María Castelao Torres; a secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro; e o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán Villa.

21.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco (rúa do Preguntoiro), concerto de Madeleine Peyroux dentro de Sons'13 e enmarcado en Cineuropa Concerto. Presenta o seu novo álbum 'The blue room'. Asiste o alcalde compostelán, Ángel Currás.

Cineuropa
TEATRO PRINCIPAL
16:30 MARTA’S SUITCASE (La maleta de Marta) Günter Schwaiger
18:00 PARADIES: HOFFNUNG (Paradise: Hope) Ulrich Seidl
20:00 JEUNE ET JOLIE (Joven y bonita) François Ozon
21:45 CAMILLE CLAUDEL 1915 Bruno Dumont
23:30 JIAOYOU (STRAY DOGS) Tsai Ming-liang
SALÓN TEATRO
16:30 THE UNHAPINESS OF KENNEDY (Kennedy: El destino fatal) Patrick Jeudy
18:15 LA BELLA GENTE Ivano De Matteo
20:00 LA HERIDA Fernando Franco
22:00 THE ACT OF KILLING Joshua Oppenheimer, Christine Cynn
SALA MOZART - AUDITORIO DE GALICIA
17:30 THE OTHER SIDE OF THE MIRROR, BOB DYLAN LIVE AT THE NEWPORT FOLK FESTIVAL 1963-1965 Murray Lerner
19:00 BOB DYLAN, CHANGING TRACKS Murray Lerner
20:00 BOB DYLAN, MUSIC IN REVIEW Murray Lerner
CGAC
16:30 HOFFADanny DeVito
19:00 THE ATTEMPT ON RONALD REAGAN (BBC) Jonathan Martin, Nicolás Wright
THE ASSASINATION OF ROBERT F. KENNEDY (BBC) Jonathan Martin, Nicolas Wright
THE ASSASINATION OF JOHN F.KENNEDY (BBC) Jonathan Martin, Nicolás Wright
THE ASSASINATION OF MARTIN LUTHER KING (BBC) Jonathan Martin, Nicolas Wright
21:00 LE MANI SULLA CITTÀ (Manos sobre la ciudad) Francesco Rosi

Compartir: