Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 8 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello (sala de prensa), a concelleira de Economía, Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis; o presidente da Cámara de Comercio de Santiago; Jesús Asorey, e o director da Fundación Incyde, Javier Collado, asinan un convenio de colaboración sobre creación e consolidación de empresas e autoemprego.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar Under'18, Coca- Cola Music Experience- U18, acompañados de David Lago, da promotora.

11.30 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega da III edición dos premios Travellers Choice Paradores de Turismo de Trip Advisor.

13.00 h
Na sede de El Correo Gallego (Preguntoiro, 29), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación da XXXVI Carreira Pedestre. Asiste tamén o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

20.00 h
Na Fundación Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7) o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición "Torrente Ballester: palabras".

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro Ensalle celebra o seu X aniversario con 'Imprudentemente Deseé', en Teatro&Danza.

Compartir: