Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 4 de outubro

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os integrantes de "Ciclistas sin Fronteras" do Clube de ciclismo de Ecuador, acompañados pola embaixadora de Ecuador en España, Aminta Buenaño Rugel, e o cónsul para Galicia, Adriano Marqués de Magallaes.

11.00 h
No auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste aos actos con motivo do Día Mundial do Docente, organizados pola Consellería de Educación.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o ciclo Sons’13.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na rúa do Ulla, 27, baixo (Pontepedriña) a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste á inauguración do novo local da Fundación Secretariado Xitano e asina o convenio de colaboración entre o Concello e a Fundación para o desenvolvemento do programa Acceder.

19.00 h
No Salón Teatro, estreo da obra de Roberto Vidal Bolaño "Touporroutou da lúa e do sol".

20.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), Compostela Cine Classics 2013: Rashomon, de Akira Kurosawa. A continuación, café con cine co director de Cineuropa, José Luis Losa.

20.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, a concelleira Amelia González, asiste á V edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

Compartir: