Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 31 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visita o Albergue de Xoán XXIII.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a XXXI Edición do Outono Fotográfico. Estará acompañado polo director da mostra, Xosé Lois Vázquez.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 26 de setembro de 2013.
2. Proposta da Alcaldía de concesión da medalla de ouro da cidade aos/ás veciños/as de Angrois.
3. Aprobación inicial da modificación puntual do catálogo do PXOM: corrección de erros na ficha D-070 (conxunto en Casal da Horta), creación da ficha D-070 bis (Pazo de Lermo) e incorporación ao catálogo dun elemento de interese etnográfico coa referencia F-134 (Pombal).
4. Aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 17A e 17B do SUNP-31. San Marcos.
5. Aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal reguladora da publicidade e rotulación.
6. Proposición do grupo municipal do BNG para garantir as conexións a servizos xerais municipais.
7. Proposición do grupo municipal do BNG relativa ao plan de axuste.
8. Dar conta das seguintes resolucións:
- Da Alcaldía de 7 de outubro do corrente ano, núm. 5738, de delegación de funcións no concelleiro Don José Luís García Bello.
- Da Concellería delegada de facenda e administración de 1 de outubro do corrente ano, núm. 5555, polo que se aproba o marco orzamentario para o Concello e as súas entidades dependentes para os anos 2014 a 2016.
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
10. Rogos e preguntas.
11. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta (Sala Agustín Magán), Compostela Cine Classics 2013: Ladrón de bicicletas, de Vittorio de Sica. A continuación, café con cine co crítico de cine Moncho Lemos. Asiste o concelleiro Francisco Noya.

20.30 h
No Salón Teatro, CTB (Braga) presenta 'Sabe Deus pintar ao diablo' de Albel Neves, dentro do ciclo Teatro&Danza.

20.30 h
Na Zona C, Rober Bodegas&Alberto Casado presentan 'Entremeses' (sketches en directo) dentro do ciclo Falabaratos.

20.30 h
No CGAC, Triciclo 4 con Ainara Legardon e Fantasmage dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel. Con Barbara Switalska, violoncello. . Clausura das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: