Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 29 de outubro

10.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, fai entrega dos certificados de calidade da Federación Galega de Parques Empresariais. Asiste a concelleira de Turismo, Comercio e Emprego, Reyes Leis.

10.30 h
No CSCXM do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao inicio do curso de busca activa de emprego.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, para presentar, xunto coa Asociación de Empresarios Espertaconxo e a Coordinadora de Festas Tradicionais de Conxo, unha nova edición da Festa das Cabazas.

19.30 h
Na Biblioteca Pública Ánxel Casal, as concelleiras Rebeca Domínguez e María Castelao, asisten á presentación da obra "Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía".

20.30 h
No Teatro principal, concerto de Ensemble Modern dirixido por Fabien Panisello, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: